Homepage Blog do Fanzine Índice No 29 Índice Números Anteriores Contato
http://barataeletrica.cjb.net http://www.inf.ufsc.br/
Versão Txt http://www.barataeletrica.rg3.net

ENTREVISTA COM UM  "HACKER"
(usuário bastante capacitado, para não comprometer)
DA GALIZA

Derneval R.R. Cunha entrevista Miguel Edreira Castro de Santiago de Compostela (Galiza)

Introdução: Ano passado, tropecei numa página de informações interessantes para hackers e outros curiosos que tinha referências elogiosas ao fanzine. Pior (ou melhor) o sujeito tinha links que realmente destacavam a página de outras. Mais um pouco e fiquei sabendo que o sujeito era de uma região da Espanha que fala sua própria língua que é parente do português! UAU. Isso é coisa nova. E são pessoas que se tem admiração pelo Brasil, já que compreendem, falam um parente do português, o galego. Existe o galego português, mas também o galego da Espanha (se não estou falando besteira). De qualquer forma, além de mostrar um pouco sobre essa lado desconhecido de nosso parentesco lingüístico, tem a questão da cena "underground" européia. Mesmo a cena "above-ground" acho que é interessante. E o cyber-ativismo, que é também tema. Sei lá. Não corrigi a linguagem do cara, achei melhor assim.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 de Xaneiro de 2004

1) Me interessava porem saber mais sobre como e' o esquema de ciberativismo, o q vc poderia falar do assunto.

Falar por falar podemos falar de todo e de nada, unha cousa que facemos moito os galegos é respostar unha pergunta con outra?, A que te adicas, à programar, computación?, que idade tes?, que versión (distro) de Linux usas?, de moitas cousas poderiamos falar, a min tamén me interesa a tua de ativista coma escritor dun e-zine, aparte de todo o publicado na rede gostaria de saber algo mais de ti, ainda que as perguntas anteriores son a modo de exemplo. Conta o que che pareza. Ti mesmo podes ler algun dos meus poemas e ver algunha foto na miña web... Por certo escreves nunn editor que suporta a codificación latina ou só ASCII...

(eu por suposto escrevo con ñ no canto do nh português, e todos os acentos posíveis; mais iso pode resultar molesto se estas nun "vi" de linux sen a codificación iso-8859-1 ...

PODERIA IR CONTANDO AS SUCESIVAS ACCIÓNS POLICIAIS NA EUROPA CONTRA HACKERS, Crackers de Software e Hardware e todo iso, por exemplo, estes dias caeron uns hackers adolescentes, que desde un site vendian música en mp3 e videos baixo copyrigth, escodian a información nun sevidor da Universidade de Vigo (Galiza), subian e baixavan arquivos polo porto FTP, sen que aparentemente ninguén o descobrise, afinal un becário da Universidade denunciou que o computador no que tiña a sua tese sobre o ADN(DNA) estava a ser invadido por hackers...(**envio noticia de xornal en jpg**)

2) Tambem gostaria de me aprofundar um pouco na questao da Galiza e a difusao da cultura, para as pessoas interessadas.

a) Que lingua e cultura vcs aprendem na escola

a) Tocas-me na alma. Unha história do concreto ao abstracto (ao revés do que Marx recomendava para por-se a espichar...) A miña família é galego-falante, coma o 80% da populación da Galiza (algo máis de tres millóns de persoas, sen contar perto de dous millóns de galegos espallados polo mundo inteiro), mais a min educaron-me en español, o galego falava-se na casa, na rua, o español no traballo cos superiores, na universidade, nas empresas, nos centros de poder... na Galiza existe o que os lingüistas definen coma bilingüismo con diglosia, isto é que unha maioria da povoación galego-falante emprega o español para certas situacións sociais, todo iso é o resultado de 500 anos de imperialismo español, a Raiña Isabel a Católica asinara un Documento no ano 1492 titulado "Doma y Castración del Reino de Galicia" no que se manifestava a necesidade de impor o español nunha parte bárbara da península ibérica, ben 500 anos despois ainda non o conseguiron e iso pésie a 40 anos de dictadura militar na que o galego estivo proibido...

Asique eu fun criado (sego co relato) en español, os meus pais falavan galego entre e eles e en español cos fillos (auto-ódio), mais a idade de 14 anos por rebeldia, comecei a falar exclusivamente en galego, na cidade co governo mais españolista de todos ( A Coruña, ou a corunha en galego-português), na que un governo localista e chauvisnista defende o topónimo españolizado de La Coruña mesmo cando agora a Lei obriga a todas as institucións a usar os nomes próprios en galego...

Na escola desde o ano 1981, coa chegada da Autonomia --(a organización territorial do Estado Español descentraliza a Administración dotando de competéncias governamentais a 17 Comunidades Autónomas, ainda que desas só tres son Nacións diferentes da española: Galiza, Euskal Herria (ou tamén Euscadi ou Pais Basco) e Catalunya (ou Paisos Catalans como gostan dicer eles, xa que no País Valencià e Illas Baleares tamén falan Catalán)-- à Galiza, comeza-se a progresiva galeguización do ensino, no que ainda predomina o español. Na Galiza, todos os partidos políticos usan o galego a efectos de marketing, mais son só os nacionalistas os que realmente defenden a nosa língua. Apartir de 1990 o Bloque Nacionalista Galego (BNG) logra representación en todos os ámbitos políticos do Estado (cun 20% de votos na Galiza). O BNG é a principal forza de oposición na Galiza, onde governa desde o Franquismo a direita españolista (Partido Popular), ainda que o pulo do galeguismo é tal, que agora mesmo se viron obrigados a chamar-se "galeguistas" mesmo que ainda algun deles presumme de non ter pronunciado unha palavra en galego...

Na atualidade o galego perde falantes iniciais, isto é, cada vez a xente educa aos seus fillos en español, mais logo da adolescéncia, unha parte crecente torna-se galego-falante, coa diferenza que eses novos galego-falantes (coma é o meu caso), son ademais nacionalistas é defensores a ultranza da Galiza e os seus direitos coma nación; ainda non somos maioria os que queremos a Independéncia de España, que non nos consideramos españois, mais segundo inquéritos recentes a maioria da sociedade galega sinte-se mais galega ca española... só un 7% de galego usa exclusivamente o español ou non se considera galego, o resto define-se só coma galego, ou coma mais galego que español...

Na escola, respostando mais concretamente à tua pergunta, ensina-se en galego mais tamén en español, a liberdade de cátedra dos profesores e a dirección dos centros escolares decide o idioma de cada matéria. No Ensino Pre-escolar respeita-se a língua materna ( o galego nun 80%), mais no Ensino Primario só se imparten obrigatoriamente 3 materias en galego, na Secundária e Universidade o idoma galego chega a un 40% nos usos docentes...

A Língua galega é lingua co-oficial xunto ao español en Galiza. O Estatuto de Autonomia de Galiza define-a como a Língua Própria dos Galegos e Galegas, e consagra de xeito oficial a sua defensa e uso por parte das Administracións do Estado. O Governo Autonómico da Galiza (Xunta de Galicia) ten a obriga de usar o galego (ainda que isto non sempre se cumpra), existe unha Lei de Normalización Ligüística, que pretende impulsar o galego, enfin poderia escrever e escrever... Na Galiza existe o que os lingüistas chaman unha "Guerra Linguística", paralela ao proceso de emancipación nacional iniciado no 1924 coa criación das Irmandades da Fala e mais logo do Partido Galeguista...

*****

para profundar nestes temas recomendo-che encarecidamente que percures en http://www.vieiros.com , http://www.galego.org , http://galiza.indymedia.org ,ou http://www.galizacig.com, http://www.amesanl.org/index.asp

--------------

b) como encaram o contato com Portugal e Brasil em relacao ao resto da Espanha (sei q na Espanha cada lugar tem seu linguajar e cultura)

b) Na Galiza, o españolismo dá a espalda a Portugal. Portugal é percibido por parte da povoación coma un Pais pobre, de xitanos... Isto está a mudar grazas a Unión Europea, à eliminación das fronteiras económicas (xa que as lingüísticas e culturais xamais existiron), mais fundamentalmente porque os galeg@s tomamos conciéncia de ser un povo diferenciado, e que a a raiz desa diferenza é a língua. En Portugal, non hai tal diferenza. Na Galiza existe un movimento reintegracionista que defende a adopción da grafia portuguesa no galego. Recentemente a Real Academia Galega (Academia da Língua) modificou a normativa ortográfica do galego oficial para achegá-la minimamente ao Português...

Ainda que eu non escrevo coa grafia do português, si que defendo a unidade do galego co portugués, e existen asociacións que defenden o ensino en portugués coma língua opcional na escola.

Nos ultimos tempos son cada vez mais frecuentes os intercambios culturais a ambos lados do Miño (Minho, o rio que separa/une Galiza e Norte de Portugal).

O Brasil, o Brasil semella tan lonxe no mapa mais tan perto cando escoitamos a pronuncia do noso idioma lixeiramente modificado nos labios dalguen tan diferente e ao mesmo tempo tan próximo a nós... O meu avó emigrou ao Brasil e logo a Venezuela, en Brasil, contava, falava galego.

c) Se te interessa em divulgar alguns links ou listas de discussao ou qualquer coisa que divulgue a Galiza. To afim de aparecer la quando for passar por perto.

Pois iso, no meu site, tes montes de links, mais http://www.vieiros.com (Portal de Noticias mais tamén conta cun Buscador Temático de WebSites Galegos , http://www.anosaterra.com, e http://www.galego.org )estaria ben para comezar.

3) Puxa, quer dizer que o pessoal na Espanha adotou tais medidas extremas em legislacao? Aqui no Brasil volta e meia aparece gente presa por pedofilia, mas e' meio complexo.

Pois asi andan as cousas... Envio-che nun ficheiro anexo a última noticia impresa no xornal de maior difusión na Galiza (en español) sobre HACKERS. Seguramente o que non entedes é o do TOP MANTA ( TOP é polo dos Corenta Principais -40 discos con mais vendas, e MANTA, pola manta usada por vendedores na rua para vender cópias ilegais de cd de audio e video...)

4) Detencoes arbitrarias por conta de copia ilegal de software? A pessoa vai realmente presa? Puxa, aqui a pessoa p. ser presa tem quase quase que ter matado alguem senao fica fora. Acontece mesmo alguma perseguicao com relacao a acessos ilegais? As pessoas sao perseguidas ou pelo menos aparecem nos jornais como perseguicao e prisao de "hacker"?

Às veces si, a cousa pon-se dificil, A SGAE, (sociedade de autores) denuncia periodicamente a todo aquel que non pague até por ver a TV ou escoitar a Radio (quere impor un canon ou imposto a locais públicos do tipo de restaurantes, bares, clubes, etc. polo feito de ter un aparato de TV ou radio), en Espanha existe un imposto que grava o custo dos CD baixo o pretexto de que serven para a cópia ilegal...Memso están a pensar en gravar cun novo imposto a compra de Discos Ríxidos, xa que neles é posível armacenar información con copyrigth, dentro de pouco mesmo o papel e os lapis seran suspeitosas armas de hacker!

Pasa-te por www.barrapunto.com

------------------------

5) A Telefonica ainda e' apelidada de Timofonica (acho que havia um virus protestando contra os desmandos da telefonica)? So p. os preguicosos daqui (que nem eu) o que vc poderia comentar?

A Telefónica e as outras ISP, en comparanza cos EUA e o resto do Mundo as compañias telefónicas en España son unhas ladroas e estafadoras.

-----------------------------

6) Como esta a adocao de Linux? O pessoal esta adotando legal?

Existe moito ativismo, con experiéncias moi positivas coma a promoción de Linux por algunhas Comunidades Autonomas (Non do Governo Central, vendido a Bill Gates) mais Windows é maioritario, coma no resto do mundo. Iso si, un 80% do software de SO de MicroSoft é pirata.

http://www.linex.org

7) O acesso internet gratuito existe? Paga-se caro, barato ou medio pela linha dedicada (internet 24hs).

O ADSL está nun 25 Euros ao mes e a "tarifa plana" (=conexión convencional) nuns 7 euros ao mes (só durante 12 horas ao dia). Para min é moito.

8) E os virus de computador, muito, pouco ou normal?

Moito supoño, mais iso coma dixo Kevin Mitnick en Santiago de Compostela, depende do usuário, "Non hai parches contra a estupidez". Desde o Virus "Nimda",(2001), non vin outro virus no meu computador, agás o da gripe...

9) Os telefones "gratuitos" existem? Eu ja' vi varios sites ensinando alteracoes p. usar sem pagar. Pode-se comentar ou melhor nao comentar o assunto? :-)

Claro, mais o dificil é que non te collan. Todo o sistema de chamadas está dixitalizado e pasa por vários satélites, o dificil é que unha vez metido nun host, ou craqueado un sistema de chamadas celular (portátil) baseado en placas e cartóns pre-pago calquer analista de sistemas non detecte que estas a falar de gratis... e envie a policia a tua localización gps cun erro de +/- 1 metro. Se se fai rápido e por pouco tempo é posível facer-se sen que te collan. Está de moda coller o carro (para nós coche), e meter-se nas redes inalámbricas de empresas ou organismos oficiais. Como o fan, non chego a tanto, pode facer-se... mellor non comentar, ainda que se tes unhas placas nokia...poderias hahahaa...:-)

Saudos libertários desde a Galiza!

MIGUEL EDREIRA CASTRO

Santiago de Compostela (Galiza)

http://migueledreira.iespana.es (link já era - pena)

http://www.vieiros.com

PS: >>>>>>>>>>>>>>>>>>>>

+ COUSAS !

*** Como percebestes vós a Maré Negra do Prestige na Galiza?

(OBS: Optei por não editar este Post Scriptum. Li tudo muito rápido e não soube disto na época, algumas vêzes estou que nem marmota, no fundo de um buraco da Internet)

*** Soubestes do Movimento Social Nunca Mais? e o Google Bombing organizado, ou a loita contra os promotores da Guerra contra Iraque con Scripts de Java saturando os host das webs...

http://www.plataformanuncamais.org

http://mais.vieiros.com/desastreprestige/

E se ves à Galiza, avisa, e fago de guia turistico, fisicamente ou de xeito virtual. O noso Pais, é un pais verde, mais cun mar poderoso e unhas Rias únicas no mundo, só comparáveis aos fiordos suecos e noruegueses. Se vires à Europa, a Galiza deveria ser un dos primeiros lugares que visitar. Santiago de Compostela, ten Aeroporto Internacional, é un lugar tranquilo, fermoso, con miles de anos de história, a un paso de Portugal e das nosas extensas praias, moi diferentes às de Brasil.

O Atlántico e a Língua son os mesmos, con diferentes faces.

OutraVolta Saudos Entrañaveis!.